|
Pois como os problemas sempre veñen a pares, agora temos outro. Dende onte á tarde o RsC_CampoDeArriba, o que está no poli de Rianxo, está apagado. A causa o videomarcador :-) Asi como soa, resulta que ca que caeu onte (13-11-09, otia que foi venres 13), entrou auga no pabillón pola parede onde está o marcador, e cascou algo, probablemente haxa un enchufe encharcado e fixo un cortocircuito, ca mala sorte de que o noso repetidor está conectado no mesmo sitema eléctrico, co que mentres non o arranxen vai seguir apagado Dixeron que ten que quedar amañado para a semana. Toca esperar. Pedir desculpas a todos aqueles soci@s que accededes a RsC por RsC_CampoDeArriba. Por outra banda, xa quedamos para que en canto mellore un pouco a meteoroloxía, nunha tarde, subir ó tellado do poli de Taragoña a facer os arranxos que alí fan falla tamén. Gracias por entender que contra as inclemencias do tempo non podemos facer nada. AXTUALIZACIÓN: Pois dende fai unha hora, o RsC_CampoDeArriba, volve estar operativo, tivemos que facer unha pequena reinstalación, xa que como estaba a situación podería alargarse un pouco. O outro con problemas, RsC_CampoManeiro, esperamos telo arranxado mañá á mañá, se non fai moito vento, xa que hoxe non nos deu tempo.
|