|
Pois chegou a hora de abrirvos a nova páxina web. Dende que RianxoSenCabos naceu, alá polo ano 2004, esta é a terceira e esperemos que a definitiva. Como podedes ver é unha páxina moito máis dinámica, onde a interacción entre os visitantes e a web está presente por todos lados, o foro, o chat na mesma web, as galerias de fotos e videos ou as distintas novas alimentadas polas "feeds" ou "RSS", que esperamos que vos gusten. Atrás deixamos aquela primeira web onde todo era estático, onde o que poñiamos estaba encaixado "a machada", e onde todo funcionaba a base de código html. Foi a primeira, e por elo ten un "aquel", ten ese algo que...
sabes que non sirve para nada pero que non queres desfacerte del. E por eso podedes seguir vendoa aquí. Pero fai dous anos e medio decidimos mudala. Quixemos darvos a todos un protagonismo nela, coa creación de bitacoras. A intención foi boa, pero o exito, para que imos negalo, foi nulo. Ninguén se interesou polos blogues.Agás o "spam", ao cal tamén lle encantou o foro. Non nos importou, xa estamos acostumados a cabalgar en solitario. E por elo ímoslle dar outra reviravolta. Tentaremos facer desta vez unha auténtica Web 2.0, unha web que sexa o lugar de encontro de todos, non so dos asociados a RianxoSenCabos. Queremos que sexa o portal de todos os rianxeir@s, onde todo vale, e para elo damos cabida a todo o que vos queirades. Calquera pode ser partícipe, so tes que rexistrarte e dende ese momento xa poderas poñer o que ti consideres interesante no teu propio espazo, ou no mesmo foro. Sen máis, adiante, estades todos convidados, que o disfrutedes.
|