|
Escrito por x-io
|
|
Martes, 20 Xullo 2010 11:48 |
|
Ola. O punto de acceso situado en Rianxiño, está desconectado dende onte á noite. AÃnda non sabemos o motivo, nin nos puidemos acercar a ver que é o que lle pasa, e esperamos solucionalo canto antes. Por outra banda o punto de acceso das Cortes, dende a tronada de fai un par de semanas rompeu, e o problema é que está nun lugar de complicado acceso, e a persoa dona da vivenda non se atopa en Rianxo. Xa contactamos cos asociad@s que a el se conectaban e estamos pendentes de buscar unha localización alternativa. Polo momento colocamos un provisionalmente nas inmediacións do anterior. Unha vez máis pedimosvos un pouco de paciencia e lembrade que RsC, é cousa de todos, que si houbera máis xente colaborando os percances terÃan unha solución máis rápida. Un saúdo.
|