|
G11n (galeguización) medra sobre as cinsas de mancomún |
|
|
|
|
Escrito por Carlos
|
|
Venres, 26 Febreiro 2010 14:38 |
|
Tras a discreta defunción/privatización do proxecto Mancomun.org que a Xunta de Galicia puxera en marcha hai algúns anos para promocionar e desenvolver software libre en lingua galega, moitos dos antigos desenvolvedores, vendo como a ilusión dun proxecto se diluía coa política do novo goberno da Xunta, decidiron seguir cos esforzos de desenvolvemento de software e traduccións galego na plataforma G11n (Galeguización).
G11n xurdiu coa intención de aglutinar os proxectos de traducións de software libre á lingua galega, comunicando aos desenvolvedores actuais e reclutando novos colaboradores. O seu traballo axiña empezou a dar froitos: OpenOffice 3.2, Firefox 3.6, Thunderbird 3, SongBird 1.4.3, Joomla 1.5.15, Gnome 2.30... e unha lista sen fin. E o mellor é que, ao ser este grupo o desenvolvedor oficial de moitos destes proxectos, as traducións pódense atopar na maioría dos casos nas páxinas de descargas propias de cada un dos proxectos.
Dende Rianxo Sen Cabos apoiamos e adherímonos a esta iniciativa que nos axudará a todos a gozar de software na nosa lingua. Parabens!
|