|
Escrito por x-io
|
|
Venres, 22 Xaneiro 2010 21:53 |
|
Pois fai uns días houbo un fallo xeral en tódolos repetidores, os cales estiveron caidos durante case 24 horas e no caso de Campo de Cartas, algo máis. Ademais neste último, xuntouse cun cambio de conexión do asociado que cede voluntariamente a súa conexión á rede de redes, e que estivo sen conexión ata fai unhas horas. Como podedes comprobar xa está arranxado. Un caso particular é o RsC_CampoDeArriba. Dende que se inundara o polideportivo non voltou ir ben. A solución non a atopamos, e xa temos pensado ir remprazar o cacharro, pero o seu emprazamento é complicado, e non temos moito tempo para facelo. Por favor se alguén está realmente interesado de que volva estar ó cento por cento, que deixe un comentario animándonos a seguir con isto. Trataremos de facer que volva ir ben. Ahhh!!! E feliz ano!!!!!!
|