Acceder

Enquisas

¿Que che parece a nova web de RsC?
 

Estadísticas

Membros : 26
Contido : 50
Ligazóns Web : 7
Visualizacións de contidos : 31286
Temos 3 convidados en liña

Donacións:

 
Día da liberación do software PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos Ces   
Martes, 22 Setembro 2009 13:17

O sábado 19 de setembro de 2009 celébrase o Software Freedom Day, ou Día da Liberación do Software, ou tamén Día do Software Libre.

Software Freedom Day é unha celebración global e educacional sobre por que as tecnoloxías sostibles e transparentes son hoxe en día máis importantes ca nunca. Con preto de 200 equipas e 60 países participantes, esta é unha fantástica ocasión para a implicación de asociacións, comunidades e entidades. Busca un evento ou festa preto da túa localidade ou anímate a organizar un evento na rúa localidade para coñecer a unha gran variedade de xente comprometida coa difusión desta filosofía para acadar un futuro tecnolóxicamente libre.

Última actualizaciónfeita en Martes, 22 Setembro 2009 13:29
 
A Bolsa de Londres abandona Microsoft PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Martes, 22 Setembro 2009 13:02

A Bolsa de Londres abandona Microsoft e pásase a Linux/Unix e Oracle. Tra-los devastadores efectos que tiveron InfoElect e TradElec, programas informáticos para manexar a Bolsa desenvolvidos por Microjuice e Accenture que fallaron o 8 de setembro de 2008, en plena crisis económica.

Orixinal (en inglés):

http://www.itwriting.com/blog/1787-london-stock-exchange-migrating-from-net-to-oracleunix-platform.html

Última actualizaciónfeita en Martes, 22 Setembro 2009 13:05
 
Virgin Galactic: Turismo espacial PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alberto Otero   
Martes, 01 Setembro 2009 21:38

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.




Se queres saber máis e tes 200.000€... www.virgingalactic.com

Última actualizaciónfeita en Domingo, 06 Setembro 2009 11:39
 
A Rianxeira. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Domingo, 06 Setembro 2009 11:33

Se fai unhas semanas foi The Boss o que puxo os pelos de galiña comezando o seu concerto en Compostela coa Rianxeira, onte foron case 40.000 galeg@s os que fixeron emocionar de novo. E delo da constancia a portada do AS:

A Rianxeira

Pois a seguinte será en semana e media na Praza Castelao, sen dúbida a mellor opción de sentir a emoción.

Última actualizaciónfeita en Venres, 25 Setembro 2009 20:19
 
Problemas na rede (ARANXADO!!!) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Mércores, 26 Agosto 2009 00:00

Queremos recordar, que hai unhas normas de bo uso, para que tod@s poidamos disfrutar de RsC. Nestas normas está recollido que o emprego de programas P2P, pola súa forma de traballo, non son compatibles coa rede, xa que poden chegar a saturala e facer a navegación case imposible. Pois ben, isto é o que está a pasar dende a pasada noite.

Xa tomamos as medidas oportunas con este soci@ xa que o abuso foi reiterado, chegando a situación da caida a afectar a un terzo da rede. Mirade a imaxe, como suporedes o verde é bo, o vermello é malo:



Lembrade que hai alternativas a estes programas P2P que son compatibles con RsC, como a descarga directa, que ademais de ser máis rápido para vós, séntalle mellor á rede.

Tamén queremos recordar que os que teñades o Windows en calquera das súas versións, teñades instalado un bo antivirus (o cal haberá que pagar ou crakear), xa que algúns destes "bichiños" o que fan é mandar moitas peticións ó router, non so facéndovos a navegación moi lenta a vos (e botándolle a culpa á rede, xa vimos de todo), se non a toda a rede.Outra opción sería que instalásedes algún sistema operativo libre de virus coma por exemplo o Ubuntu que ademais é gratis!!!. 

Xa fixemos algo para facer que a rede estea operativa ao 100% o antes posible, pero coma non vivimos disto (aínda que ás veces toléanos máis que o traballo ou a parella), aínda temos cousas que recuperar. Esperamos que a infraestrutura estea amañada o antes posible. Pedímosvos un pouco de paciencia ós que vos esteades a ver afectados.

ACTUALIZACIÓN (28-08-09): Pois como as desgracias nunca veñen soas, a maiores da caida dese punto de acceso, hoxe comprobamos que o transformador da corrente que o alimentaba de enerxía, deixou de desempeñar a súa función para a que fora deseñado (vamos, que se escarallou). Sinxela solución, cambialo e listo. A rede xa volta estar completamente operativa.

Última actualizaciónfeita en Venres, 28 Agosto 2009 14:20
 
«InicioAnterior123456789SeguinteFinal»

Páxina 5 de 9