|
Ramoncín pecha o canal de Youtube de El Jueves |
|
|
|
|
Escrito por Carlos
|
|
Mércores, 11 Novembro 2009 20:20 |
|
O cantante artista músico moinante coñecido personaxe de Ramoncín acaba de clausurar o canal de Youtube da revista satírica e de humor El Jueves. O motivo, un par de vídeos nos que aparece Ramoncín, pero nos que en ningún momento é insultado, nin se lle da un trato distinto ao de outros centos de famosos parodiados habitualmente por esta revista. Estes son os vídeos da polémica: http://www.dailymotion.com/video/xb4401_los-videos-que-ofenden-a-ramoncin_news
O curioso é que Youtube, sen previo aviso, e ante a petición da asesoría xurídica, retirou non só os videos nos que aparecía o aludido, senón o canal completo de El Jueves, a súa conta de usuario e os comentarios dos seus siareiros. Pregúntome como é posible que Yotube retire unha canle completa dunha revista, e se dado o caso dunha denuncia dun vídeo particular tamén retiraría todos os vídeos de, por exemplo, Libertad Digital TV, La Sexta, Antena 3, ou El Mundo... Evidentemente, na revista non tardaron moitas horas en replicar a canle noutro servidor de videos: Daylymotion. O video explicativo é este: http://www.dailymotion.com/video/xb3xog_ramoncin-consigue-cerrar-el-canal-d_news, no que anuncian a súa intención de publicar semanalmente en Youtube un novo video de Ramoncín. Vamos, que la ha liado parda (opinión do autor do artigo).
|
|
|
Escrito por Carlos
|
|
Venres, 06 Novembro 2009 15:46 |
|
En plena guerra entre os internautas e as distribuidoras discográficas, que ven peligrar a súa posición abusiva no negocio de distribución de contidos culturais (e comerciais), non vén mal dispoñer de lugares nos que se pode gozar de música sen necesidade de recorrer a práctical, canda menos, alegais. Entre as opcións dispoñibles hai básicamente dous modelos a seguir: o das radios en internet e sistemas similares, ( last.fm, Pandora (que xa non permite o seu uso fóra dos USA, pero para iso están os proxys )), e o dos portais de procura directa do tema. Neste último grupo vén pegando con moita forza Spotify, que funciona a través da descarga dun programa para Windows (que funciona tamén perfectamente en Linux) que busca música compartida con P2P. Require de invitación, que cada vez é máis dificil de conseguir, e moita da música dispoñible non é orixinal, polo que imos ver algunhas alternativas: - Deezer: un portal que combina varios modelos e ofrece de forma legal dtreaming de música, grazas a un acordo con Sony.
- Goear: tan sinxelo coma buscar e reproducir, directamente na web. E cunha pouca maña, tamén se poderá descargar (non imos desvelar como, aprendede un pouco; pero os complementos de Firefox poden ser de gran axuda).
E por último, non podemos deixar de mencionar o modelo que debería imperar na distribuzón de obras musicais: Jamendo. É a aplicación da filosofía do Copyleft e das licenzas Creative Commons: o outor distribúe a súa obra, libremente e con todos os dereitos de reprodución, copia, uso e modificación, protexendo así os seus dereitos de autor sobre a peza. Non atoparedes en Jamendo moita música coñecida, pero si MOITA música, que ademais poderedes emitir nun bar, radio, evento público ou utilizala nun vídeo editado por vós sen problemas de licenzas ou de que algunha sociedade de xestión de dereitos de autor vos pretenda cobrar por difundila públicamente.
E, por suposto, tamén poderedes subir as vosas propias creacións musicais baixo estas licenzas, axudando a que se difundan ao tempo que protexedes plenamente a vosa autoría sobre as pezas das fauces dalgunha discográfica de vampíricas pretensións.
Se coñecedes doutros portais similares, comentade este artigo e será ampliado coa información que enviedes.
|
|
Moovida, centro multimedia libre para pantallas táctis |
|
|
|
|
Escrito por Carlos
|
|
Xoves, 05 Novembro 2009 00:04 |
|
Moovida (http://www.moovida.com/) é un centro multimedia cunha interface sinxela pero atractiva, axeitada para pantallas táctis, con suaves efectos e a pantalla completa. Dispoñible para Linux, Windows, e axiña para Mac, permite navegar por todos os arquivos multimedia do noso equipo con canles para Música, Fotos, Vídeo, e da Internet, con canles de radios, vídeos (youtube e similares), fotos (flickr...) e televisión, organizando e catalogando a información por temas, álbumes, artistas e outros parámetros segundo o tipo de medio. Están ademais dispoñibles gran cantidade de plugins para dotar de máis funcionalidades a esta excelente aplicación.
Máis capturas de pantalla ao ampliar a noticia.
|
|
Última actualizaciónfeita en Xoves, 05 Novembro 2009 22:24 |
|
Ler máis...
|
|
|
Esquécese Firefox dos seus siareiros? |
|
|
|
|
Escrito por Carlos
|
|
Xoves, 05 Novembro 2009 15:32 |
|
Saltaron as alarmas. As últimas melloras en velocidade do vanegador
Firefox, que fan que voe en Windows, parece que non teñen o mesmo
efecto nas distribucións Linux, sendo o mesmo sistema. Xa empezaron as primeiras protestas
ante Mozilla de que parece que se están a centrar no desenvolvemento para a plataforma Windows esquecéndose dun colectivo importante que os axudou a incrementar o seu uso. Isto non sería demasiado preocupante se existisen outros navegadores de características similares para Linux, pero parece que o problema repítese: O Opera para Linux, sendo excelente, non acada a velocidade da versión Windows (e patina bastante nos benchmarks de javascript), e o mesmo se pode dicir do Google Chrome. Como é posible que unha plataforma máis flexible, como Linux, sexa incapaz de dispor dun navegador que supere con creces os seus equivalentes para Windows? A resposta é sinxela: a culpa non é da plataforma (só hai que ollar para o Safari), senón dos desenvolvedores dos proxectos. Por outra banda, temos os navegadores só dispoñibles en Linux, co que aí non se pode falar de non dedicarse en exclusiva á plataforma, pero Konqueror vai ben en KDE, pero non tanto en Gnome, e ademais é superado en velocidade por Chrome e Opera nalgúns aspectos (noutros non). Pero está aparecendo a alternativa, e curiosamente tamén vén da man de Mozilla: o Seamonkey (antigo Mozilla Suite), que a partir da versión 2.0 é compatible con todos os complementos de Firefox. Non sabemos como evolucionará, pero de momento está a destacar a suavidade coa que navega.
Durará? De todas formas, a queixa está lanzada, agardamos que os desenvolvedores saiban decatarse do asunto, pois ter descontentos aosusuarios que se decantaron claramente polo modelo de desenvolvemento do software libre, que é o que eles seguen, poderíalles prexudicar.
|
|
Lanzado Ubuntu 9.10 Karmic Koala |
|
|
|
|
Escrito por Carlos
|
|
Venres, 30 Outubro 2009 11:35 |
|
Toda a prensa mundial, as televisións nos informativos en hora punta, con bombo e pompa, anunciaron o lanzamento do novo sistema operativo Ubuntu GNU/Linux.
Evidentemente, é unha ironía coma unha casa. Nada que ver co lanzamento do Windows Seven, que encheu páxinas e minutos de publicidade gratuíta dun produto comercial en todos os medios mundiais, alabando as bondades do produto (que as ten, si) repetindo o que os seu creador, Microsoft, publicitou del. Sorprende non ler apenas unha análise crítica, e pregúntome se o xornalismo do século XXI, o xornalismo da Era da Información, xa non fai xornalismo. Claro que o lanzamento dun novo Windows é noticia, pois ocorre de forma arbitraria, cada varios anos e sen moito xeito. Porén, o lanzamento de Ubuntu e de moitísimas outras distribucióins de Linux ocorren cunha frecuencia en xeral predicible, 6 meses no caso do Ubuntu. Con tal periocidade e puntualidade, o certo é que cada lanzamento deixa de ser noticia para converterse en norma. Pódese un preguntar se en 6 meses pode cambiar moito un produto, o que indica un total descoñecemento do que é e como evoluciona o mundo do software libre. No caso deste Ubuntu, hai cambios moi profundos. Algúns no aspecto gráfico, pero eses non son os importantes. Cambios tan profundos coma o sistema de arrinque e inicio reducen o tempo de carga do sistema (menos de 20 segundos) e un apagado fulminante. E anuncian baixar a 10 segundos na vindeira versión! (en abril de 2010). Melloras na arquitectura de video, o novo sistema de ficheiros ext4 por defecto (lectura en disco ata 4 veces máis veloces!), o sistema de boot GRUB2, o xestor de inicio de sesión... moitos, moitos cambios.
|
|
Última actualizaciónfeita en Venres, 06 Novembro 2009 15:49 |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 3 de 9 |
|