Acceder

Enquisas

¿Que che parece a nova web de RsC?
 

Estadísticas

Membros : 26
Contido : 49
Ligazóns Web : 7
Visualizacións de contidos : 28750
Temos 3 convidados en liña

Donacións:

 
Problemas na rede. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Martes, 20 Xullo 2010 11:48

Ola.

O punto de acceso situado en Rianxiño, está desconectado dende onte á noite. Aínda non  sabemos o motivo, nin nos puidemos acercar a ver que é o que lle pasa, e esperamos solucionalo canto antes.

Por outra banda o punto de acceso das Cortes, dende a tronada de fai un par de semanas rompeu, e o problema é que está nun lugar de complicado acceso, e a persoa dona da vivenda non se atopa en Rianxo. Xa contactamos cos asociad@s que a el se conectaban e estamos pendentes de buscar unha localización alternativa. Polo momento colocamos un provisionalmente nas inmediacións do anterior.

Unha vez máis pedimosvos un pouco de paciencia e lembrade que RsC, é cousa de todos, que si houbera máis xente colaborando os percances terían unha solución máis rápida.

Un saúdo.

 
Incidencias PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Martes, 13 Abril 2010 21:39

Pois comunícannos dous dos socios que ceden desinteresadamente a súa conexión a internet, que dende fai unhas horas as súas "internetes" con R (a cablera galega), están indo moi mal, co que seguramente vos esteades a dar conta o resto de asociad@s que vos conectedes.

So dicirvos que esperemos que os de R o solucionen axiña.

Podedes ver as queixas de usuarios R:

http://bandaancha.eu/tema/1664623/problemas-volocidad#r1902332 

 

Última actualizaciónfeita en Martes, 13 Abril 2010 21:43
 
G11n (galeguización) medra sobre as cinsas de mancomún PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Venres, 26 Febreiro 2010 14:38

Tras a discreta defunción/privatización do proxecto Mancomun.org que a Xunta de Galicia puxera en marcha hai algúns anos para promocionar e desenvolver software libre en lingua galega, moitos dos antigos desenvolvedores, vendo como a ilusión dun proxecto se diluía coa política do novo goberno da Xunta, decidiron seguir cos esforzos de desenvolvemento de software e traduccións galego na plataforma G11n (Galeguización).

G11n xurdiu coa intención de aglutinar os proxectos de traducións de software libre á lingua galega, comunicando aos desenvolvedores actuais e reclutando novos colaboradores.

O seu traballo axiña empezou a dar froitos: OpenOffice 3.2, Firefox 3.6, Thunderbird 3, SongBird 1.4.3, Joomla 1.5.15, Gnome 2.30... e unha lista sen fin. E o mellor é que, ao ser este grupo o desenvolvedor oficial de moitos destes proxectos, as traducións pódense atopar na maioría dos casos nas páxinas de descargas propias de cada un dos proxectos.

Dende Rianxo Sen Cabos apoiamos e adherímonos a esta iniciativa que nos axudará a todos a gozar de software na nosa lingua.

Parabens!

 

 
Google fai funcionar o Quake II en HTML5 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Luns, 05 Abril 2010 08:59

 O título, simple como é, dío todo:

http://www.genbeta.com/multimedia/google-demuestra-como-el-juego-quake-ii-funciona-en-tu-navegador-con-html5

Como ben din no artigo, estamos, sen dúbida, ante o futuro inmediato da web. Que un simple navegador poda conseguir executar un xogo, feito exclusivamente nel, seguindo uns estándares, sen flash nin outros plugins similares... sen dúbida é un camiño esperanzador para a www.

E enriba con código público e licenza GPL2.

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

 

Última actualizaciónfeita en Luns, 05 Abril 2010 09:06
 
O futuro dos escritorios GNU/Linux? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Xoves, 18 Febreiro 2010 17:45

Está dando que falar na rede a proba de concepto que o seguinte video presenta coma unha posible evolución dos escritorios Linux. Se ben certos perfís de usuario requiren cada vez máis limpeza no escritorio, con menos barras e menos elementos permanentes, e máis uso de atallos de teclado, parece que o concepto presentado neste vídeo mellora a expericencia tanto dos usuarios nóveis coma compre coas esixencias dos usuarios avanzados.

Vai sendo hora de que os escritorios para Linux empecen a evolucionar por si mesmos deixen de pensar nos usuarios que veñen doutros sistemas.

 


Última actualizaciónfeita en Xoves, 18 Febreiro 2010 17:48
 
«InicioAnterior123456789SeguinteFinal»

Páxina 1 de 9