Acceder

Enquisas

¿Que che parece a nova web de RsC?
 

Estadísticas

Membros : 21
Contido : 42
Ligazóns Web : 6
Visualizacións de contidos : 8440
Temos 1 convidado en liña

Donacións:

 
E outro máis... (SOLUCIONADO) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Sábado, 14 Novembro 2009 18:14

Pois como os problemas sempre veñen a pares, agora temos outro. Dende onte á tarde o RsC_CampoDeArriba, o que está no poli de Rianxo, está apagado. A causa o videomarcador  :-) 

Asi como soa, resulta que ca que caeu onte (13-11-09, otia que foi venres 13), entrou auga no pabillón pola parede onde está o marcador, e cascou algo, probablemente haxa un enchufe encharcado e fixo un cortocircuito, ca mala sorte de que o noso repetidor está conectado no mesmo sitema eléctrico, co que mentres non o arranxen vai seguir apagado

Dixeron que ten que quedar amañado para a semana. Toca esperar.

Pedir desculpas a todos aqueles soci@s que accededes a RsC por RsC_CampoDeArriba.

Por outra banda, xa quedamos para que en canto mellore un pouco a meteoroloxía, nunha tarde, subir ó tellado do poli de Taragoña a facer os arranxos que alí fan falla tamén.

Gracias por entender que contra as inclemencias do tempo non podemos facer nada.

AXTUALIZACIÓN: Pois dende fai unha hora, o RsC_CampoDeArriba, volve estar operativo, tivemos que facer unha pequena reinstalación, xa que como estaba a situación podería alargarse un pouco.

O outro con problemas, RsC_CampoManeiro, esperamos telo arranxado mañá á mañá, se non fai moito vento, xa que hoxe non nos deu tempo.

Última actualizaciónfeita en Martes, 17 Novembro 2009 21:05
 
Problemas na rede, outra vez. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por x-io   
Xoves, 12 Novembro 2009 16:44

Desta vez o que está a fallar é o RsC_CampoManeiro, e por conseguinte os RsC_Barreiras e RsC_Atalaia, xa que estes aceden á rede a través do primeiro. A solución pasa por subir ó tellado do poli de Taragoña, pero con este tempo non sería moi seguro, esperamos a ver se o sábado mellora un pouco a cousa e podemos acceder alí.

E ademais para aproveitar, imos mellorar o repetidor de Campo Maneiro, instalando uns aparellos novos para que o enlace con RsC_Rinlo sexa máis forte e non se vexa afectado por interferencias. Esta mellora consistirá na instalación de dous AP's que traballan no rango de 5Ghz, e así evitar que interfiran cos aparellos que traballan en 2,4Ghz que son case todos. Pero isto non vai afectar para nada ás vosas conexións, xa que logo imos colocar outros AP's que emitan en 2,4Ghz como ata o de agora, e vos non teredes nada que facer nin que cambiar.

Pois esperemos a que mellore o tempo e poidamos facer estes traballos, e polo momento pedir desculpas ós que vos vexades afectados.

 

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 12 Novembro 2009 16:47
 
Música á carta PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Venres, 06 Novembro 2009 15:46

En plena guerra entre os internautas e as distribuidoras discográficas, que ven peligrar a súa posición abusiva no negocio de distribución de contidos culturais (e comerciais), non vén mal dispoñer de lugares nos que se pode gozar de música sen necesidade de recorrer a práctical, canda menos, alegais.

Entre as opcións dispoñibles hai básicamente dous modelos a seguir: o das radios en internet e sistemas similares, ( last.fm, Pandora (que xa non permite o seu uso fóra dos USA, pero para iso están os proxys Guiño)), e o dos portais de procura directa do tema.

Neste último grupo vén pegando con moita forza Spotify,  que funciona a través da descarga dun programa para Windows (que funciona tamén perfectamente en Linux) que busca música compartida con P2P. Require de invitación, que cada vez é máis dificil de conseguir, e moita da música dispoñible non é orixinal, polo que imos ver algunhas alternativas:

  • Deezer:  un portal que combina varios modelos e ofrece de forma legal dtreaming de música, grazas a un acordo con Sony.
  • Goear: tan sinxelo coma buscar e reproducir, directamente na web. E cunha pouca maña, tamén se poderá descargar (non imos desvelar como, aprendede un pouco; pero os complementos de Firefox poden ser de gran axuda).

E por último, non podemos deixar de mencionar o modelo que debería imperar na distribuzón de obras musicais: Jamendo. É a aplicación da filosofía do Copyleft e das licenzas Creative Commons: o outor distribúe a súa obra, libremente e con todos os dereitos de reprodución, copia, uso e modificación, protexendo así os seus dereitos de autor sobre a peza. Non atoparedes en Jamendo moita música coñecida, pero si MOITA música, que ademais poderedes emitir nun bar, radio, evento público ou utilizala nun vídeo editado por vós sen problemas de licenzas ou de que algunha sociedade de xestión de dereitos de autor vos pretenda cobrar por difundila públicamente.

E, por suposto, tamén poderedes subir as vosas propias creacións musicais baixo estas licenzas, axudando a que se difundan ao tempo que protexedes plenamente a vosa autoría sobre as pezas das fauces dalgunha discográfica de vampíricas pretensións.

 Se coñecedes doutros portais similares, comentade este artigo e será ampliado coa información que enviedes.

 
Ramoncín pecha o canal de Youtube de El Jueves PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Mércores, 11 Novembro 2009 20:20

O cantante  artista  músico moinante coñecido personaxe de Ramoncín acaba de clausurar o canal de Youtube da revista satírica e de humor El Jueves.

O motivo, un par de vídeos nos que aparece Ramoncín, pero nos que en ningún momento é insultado, nin se lle da un trato distinto ao de outros centos de famosos parodiados habitualmente por esta revista.

Estes son os vídeos da polémica: http://www.dailymotion.com/video/xb4401_los-videos-que-ofenden-a-ramoncin_news


O curioso é que Youtube, sen previo aviso, e ante a petición da asesoría xurídica, retirou non só os videos nos que aparecía o aludido, senón o canal completo de El Jueves, a súa conta de usuario e os comentarios dos seus siareiros.

Pregúntome como é posible que Yotube retire unha canle completa dunha revista, e se dado o caso dunha denuncia dun vídeo particular tamén retiraría todos os vídeos de, por exemplo, Libertad Digital TV, La Sexta, Antena 3, ou El Mundo...

Evidentemente, na revista non tardaron moitas horas en replicar a canle noutro servidor de videos: Daylymotion. O video explicativo é este: http://www.dailymotion.com/video/xb3xog_ramoncin-consigue-cerrar-el-canal-d_news, no que anuncian a súa intención de publicar semanalmente en Youtube un novo video de Ramoncín.

Vamos, que la ha liado parda (opinión do autor do artigo).

 
Esquécese Firefox dos seus siareiros? PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Carlos   
Xoves, 05 Novembro 2009 15:32

Saltaron as alarmas. As últimas melloras en velocidade do vanegador Firefox, que fan que voe en Windows, parece que non teñen o mesmo efecto nas distribucións Linux, sendo o mesmo sistema. Xa empezaron as primeiras protestas ante Mozilla de que parece que se están a centrar no desenvolvemento para a plataforma Windows esquecéndose dun colectivo importante que os axudou a incrementar o seu uso.

Isto non sería demasiado preocupante se existisen outros navegadores de características similares para Linux, pero parece que o problema repítese: O Opera para Linux, sendo excelente, non acada a velocidade da versión Windows (e patina bastante nos benchmarks de javascript), e o mesmo se pode dicir do Google Chrome.

Como é posible que unha plataforma máis flexible, como Linux, sexa incapaz de dispor dun navegador que supere con creces os seus equivalentes para Windows? A resposta é sinxela: a culpa non é da plataforma (só hai que ollar para o Safari), senón dos desenvolvedores dos proxectos.

Por outra banda, temos os navegadores só dispoñibles en Linux, co que aí non se pode falar de non dedicarse en exclusiva á plataforma, pero Konqueror vai ben en KDE, pero non tanto en Gnome, e ademais é superado en velocidade por Chrome e Opera nalgúns aspectos (noutros non).

Pero está aparecendo a alternativa, e curiosamente tamén vén da man de Mozilla: o Seamonkey (antigo Mozilla Suite), que a partir da versión 2.0 é compatible con todos os complementos de Firefox. Non sabemos como evolucionará, pero de momento está a destacar a suavidade coa que navega.

 Durará? De todas formas, a queixa está lanzada, agardamos que os desenvolvedores saiban decatarse do asunto, pois ter descontentos aosusuarios que se decantaron claramente polo modelo de desenvolvemento do software libre, que é o que eles seguen, poderíalles prexudicar.

 

 
«InicioAnterior1234567SeguinteFinal»

Páxina 1 de 7